Thursday 02 de May de 2024

Unha función teatral achega a figura de Emilia Docet ao Elma pobrense


O teatro cine Elma albergará no 12 de novembro a representación de Miss Docet, que chega á Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), ao abeiro do programa de Igualdade da Deputación da Coruña.

Compañía Eléctrica presenta mediante esta obra Emilia Docet, muller viguesa coñecida por se-la Miss España Galeguista, quen destacou como nadadora durante a República, estudou para ser perita mercantil e formou parte do Partido Galeguista. Recupérase así, dende a escena, a memoria histórica e o papel de loita dunha xeración de galegas que fixeron vale-los seus dereitos a pesar das represalias da época.

Será interpretada por Iria Pinheiro, dirixida por Vanesa Sotelo e escrita por María Reimóndez.

A cita teatral arrancará ás 19.00 horas e o acceso é libre ata completa-la cabida.